jueves, 8 de mayo de 2014

Mileth "Cancioneiro da enxebre escuridade"

A modo de presentación, que mellor que empregar as mesmas verbas dun dos dous fundadores desta banda, o meu amigo Marcos do Relicario:
"A banda empezámola Diego,que é de Alfoz,máis eu,que son do Valadouro,aunque residente en Burela.E a verdade é que soliamos quedar tanto en Burela como en Ferreira,para tocar daquela,pero o que ven a ser Mileth,foi xusto posterior a esas quedadas. Xa eu vivindo en Compostela e Diego en Vigo.Aunque como viviamos en cidades diferentes cando coincidiamos na Mariña (Veraos,navidades,...), era cando máis aproveitabamos para compoñer.E a inspiración dende logo ven de ahí."
Xa a título personal podo dicir que a temática da banda e o seu sonido forxáronse baixo a influenza dos fríos e salgados ventos do nordés que tanto refrescan estas terras do norte de Lugo durante todo o ano.




  

    Unha vez que o grupo foi collendo forma e asentando as bases do seu estilo, por diversos motivos a banda muda o seu centro de operacións á Galiza do sur, onde os ventos máis influintes son os do sudoeste. Quen sabe se por mor destes aires a banda é cando decide plasmar a súa música nunha demo limitada a tan só 100 preciadas copias, na que sen dúbida o ouro da mesma é a ilusión que a banda pon en cada nota que soa e en cada cor do artwork.

    Cabe dicir, como eles mesmos afirman, que o sonido non é o que eles querrían pra esta demo, pero é a primeira pedra que os Mileth puxeron neste camiño tan prometedor que lles espera. Se non tempo ao tempo.
 
    Xa voltaremos a vernos cando decidan deixar novo material á disposicion da historia, a evolución pode ser moi grande.Que os deuses decidan cando nos van agasallar con tan preciado regalo.
 
Se non te fixeches cunha copia da demo, constame que as que tiña a propia banda esgotáronse fai tempo,non dubides en estar pendente das evolucións do grupo en canto ó seu futuro legado a nivel discográfico.Non cometas o mesmo erro dúas veces.
 
Apoia a banda!, apoia a Mileth!, apoia a súa música.

Mileth Bandcamp

No hay comentarios :

Publicar un comentario