martes, 6 de mayo de 2014

Forza e clase dende terras lucences.

    É tempo de inaugurar este novo espacio de apoio e difusión de esta nosa pasión que non é outra que a música na súa vertente "extrema".
    Imos falar dunha das bandas mais potentes e con máis calidade xa non so de Galicia, senon do panorama estatal e internacional, e non o dicimos nós, fala a súa traxectoria con seis edicións publicadas neste sempre difícil mundo da música e máis se falamos da vertente máis extrema da mesma.
    Barbarian Prophecies é unha banda lucense que surxe no ano 2000 trala fusión de dúas bandas locais de metal extremo, chamadas Venomous Prophecies e Barbarianth.

    A súa primeira edición a modo de demo data do ano 2003 e colle o nome de "Conquerors of the Wolfthrone" onde a banda deixa claro por que derroteiros quere avanzar.
 



    No ano 2004 sacan á luz un Ep baixo o nome de "War is imminent", título que a dia de hoxe ten un significado moi acorde coa actualidade.

Tras vela negra luz da noite o promo cd "war promo 2007", a banda edita o seu primeiro full-lenght que non é outro que "Condemned land...the war begins" do 2009, no que a banda segue na línea de porlles un nome os discos que canto máis tempo pasa máis de actualidade está.


Tras varios cambios na formación, sempre buscando un empuxón cara un nivel de calidade superior a banda edita o que para moitos é o seu "verdadeiro" primeiro disco completo, o tremendo "Remember the fallen" do 2011, disco no que a banda apostou por unha producción de nivel internacional e un deseño á altura das circunstancias.
E xa aproveitando a forza desta formación fai un meses coma quen di editan un disco que nos fai sentir orgullosos de ser lucenses, non teremos tantos grupos coma noutras provincias de Galicia, pero temos ós Barbarian Prophecies e están eiquí pra quedarse, e vendo, mellor dito escoitando este "XIII" do ano 2013 como non podería ser de outra maneira e mira por onde conta con 13 temas!! podemos dicir que en Lugo se atopa unha das formacións con máis proxección de cara o futuro.E nos estaremos eiquí apoiando a esta gran banda para que cheguen moi pero que moi lonxe.

4 comentarios :

  1. Primero enhorabuena, me gusta mucho la idea de este blog y segundo, este grupo me encanta, lamentándolo mucho no soy gallega y te agradecería que pudieras poner alguna entrada en castellano, porque seguro que mas de uno te lo agradceríamos.
    Un beso

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola!muchas gracias por el apoyo!!tienes toda la razón del mundo, la primera publicación la hicimos en gallego por el echo de ser el comienzo del blog y la de Mileth porque la temática del grupo y las canciones están vinculadas con el gallego.
      A partir de ahora las publicaciones irán en castellano.
      Muchas gracias de nuevo por el comentario.
      Besos.

      Eliminar