viernes, 5 de septiembre de 2014

MACHINA GALIZA

 


    Machina son un grupo con base en Cerceda e que contan cun batería de A Laracha, e que con xa máis dunha década de vida teñen catro discos editados:

    Acouga Ep (2007)




    Post-bravú Lp (2009)


    Ensaio sobre o silencio Lp (2012)


    A síndrome de nerón Lp (2013)



    Son unha das formacións galegas que con máis calidade mesturan nas súas composicións, estructuras metal, hardcore, punk e rock, convertindo a súa música nunha auténtica fervenza de sensacións.
    Das catro edicións que teñen gravadas, contan con formato físico tan só as tres primeiras, quedando o Ep "A síndrome de nerón" do 2012 dispoñible só pra descarga.
    Podes escoitar os temas de dito Ep e descargalos no seguinte enlace:

    Machina bandcamp

    Compre salientar a edición especial limitada e seriada a tan só 250 copias do disco "Ensaio sobre o silencio" do 2012, feita a man e distribuida pola propia banda, do que tamén a banda puxo en circulación unha edición regular para os que non se poidesen facer coa especial.
    Cando mercas uns discos e dentro do paquete chega algo coma esta edición, daste de conta que aínda existen bandas sobre a faz do planeta que apostan por ofrecer algo único e irrepetible, algo do que non existen dúas copias iguais, algo que se alonxa anos luz da clásica edición en "jewel box".
    Machina crean unha proposta musical perfecta de cara o directo, como eles mesmos din "unha música chea de forza e carraxe", música que representa á perfección o pobo galego.
    Deixámosche aquí un par de vídeos do seu último Ep, porque non hai mellor forma de sentir e comprender o que contamos neste escrito que vivir a súa música en primeira persoa.

    Machina- rock alternativo galego feito con gusto e devoción.

    MACHINA   "Acción-reacción"      (A síndrome de Nerón Ep) 2013


    MACHINA   "Fódase"      (A síndrome de Nerón Ep) 2013


No hay comentarios :

Publicar un comentario